Modal split

O reparto modal é quizais un dos indicadores máis eficaces cando tratamos de comparar cidades entre si, en relación cos sustentabilidade dos seus sistemas de transporte. Basicamente, é a expresión numérica do nivel de utilización dos diferentes modos de transportes, expresada en porcentaxes. Velaquí un interesante video onde se mostra como é o reparto modal no Campus da Universidade de Córdoba.

 

Neste enlace podemos desfrutar dunha ferramenta moi interesante: o EPOMM modal split tool, que nos permite compara o reparto modal en diferentes cidades europeas. Podemos acceder aos datos de cada cidade a partir do mapa ou ben a través dun menú situado á dereita da páxina.