Cidade e redes de transporte

Un interesante xeito de achegarse á relación entre urbanismo e transporte é estudar a relación que existe entre o plano e as características das cidades e os seus sistemas de transporte. Hai moitas variables urbanas que condicionan o deseño, a tipoloxía, o reparto modal e a funcionalidade das redes de transporte. Tratar de atopar estas variables é un exercicio xeográfico de primeira orde.

Un primeiro aperitivo: isto é o que acontece se superpoñemos o metro de París sobre a trama urbana de Toronto.

2015714-Paris_Metro_in_Toronto_big
http://www.blogto.com/upload/2015/07/2015714-Paris_Metro_in_Toronto_big.jpg

Vexamos agora como é o metro de Toronto:

metro-de-toronto-mapa2
http://es.maps-toronto.com/img/0/metro-de-toronto-mapa.jpg

E comparemos o metro de París:

mapa-metro-paris
https://es.parismap360.com/carte/image/es/mapa-metro-paris.jpg

Sen dúbida, non se comprende ben a primeira imaxe sen a segunda e a terceira. A cidade europea é moito máis compacta e densa que a norteamericana (si, Canadá é Norteamérica), e polo tanto os sistemas de transporte son moito máis eficientes. Resulta moito mais rendible investir en sistemas de transporte en modelos urbanos densos. A maiores, Europa ten unha tradición de deseño e utilización de redes de transporte colectivo e público que non existe en Norteamérica.

Velaquí outras redes de metro igualmente interesantes:

MOSCOVA

metro-map2-full
http://www.artlebedev.com/metro/map2/metro-map2-full.jpg

NOVA IORQUE

base_map_34St_Hudson_Yards
http://web.mta.info/maps/images/subway_map_Sep02_2100x2539.jpg

MADRID

plano-metro-madrid-2017-011
http://www.planometromadrid.org/mapas-metro/plano-metro-madrid-2017-01.png

DUBAI

Dubai top tourist attractions maps
http://www.mapsland.com/maps/asia/uae/dubai/large-metro-map-of-dubai.jpg

HONG KONG

i2rcksx1

PRAGA

metro-1
http://www.istudentzone.cz/underwood/download/images/metro-1.png

BOS AIRES

esquematico_mayo_2017
http://www.buenosaires.gob.ar/sites/gcaba/files/esquematico_mayo_2017.jpg

VIENA

mapa-del-metro-de-viena
https://euroviajar.com/wp-content/uploads/2014/10/Mapa-del-Metro-de-Viena.png

LONDRES

mapa-metro-londres
http://mapa-metro.com/mapas/Londres/mapa-metro-londres.jpg

SINGAPUR

mapa-metro-singapur
http://mapa-metro.com/mapas/Singapur/mapa-metro-singapur.png

LISBOA

lisboa-metrog
http://www.guiadeviaje.net/portugal/imagenes/lisboa-metroG.jpg

SYDNEY

sydney-metro-map
http://maps-sydney.com/img/0/sydney-metro-map.jpg

TOKIO

mapa-metro-tokio
https://www.101viajes.com/sites/default/files/mapa-metro-tokio.png

BEIJING

beijing-subway
https://www.travelchinaguide.com/images/map/beijing/beijing-subway.gif

LOS ANGELES

metro
http://www.commongroundcreative.com/wp-content/uploads/2013/08/Metro.jpg

SEÚL

seoul-subway-map
http://kojects.com/wp-content/uploads/2015/05/seoul-subway-map.jpg

 

Bogotá e Medellín: dous exemplos de boas prácticas na procura da mobilidade urbana sustentable

Enrique Peñalosa fala aquí sobre a súa experiencia como alcalde de Bogotá. Peñalosa marcárase como obxectivo garantir a todos os cidadáns unha mobilidade universal, como un requerimento democrático. Naqueles anos impulsou unha ampla rede de carrís exclusivos para autobuses, inspirados na cidade brasileira de Curitiba, dentro dun sistema integral de mobilidade en transporte colectivo. A maiores, deu prioridade a peóns e ciclistas fronte ao automóbil privado.

En países en vías de desenvolvemento e onde hai unha parte importante da poboación vivindo en condicións de pobreza, actuar é difícil. A propiedade dos terreos onde se edificaron as casas é un asunto delicado, alegal en moitos casos. As fortes pendentes de moitos barrios de “favelas” ou similares tampouco contribúen a favorecer a posta en marcha de servizos de transporte colectivo. Porén tanto en Bogotá como en Medellín (no mandato de Sergio Fajardo) leváronse a cabo importantes e decididas accións para mellorar a mobilidade.


No caso de Medellín, a resposta veu grazas á posta en funcionamento de Metrocable, un innovador sistema de mobilidade a través dun teleférico que comunicou os barrios altos da cidade co resto da rede de transporte.

Recursos dixitais (I)

A rede é unha caixa de sorpresas, tanto positivas como negativas. Nela podemos atopar de todo. Comezo agora a etiquetar uns mini-posts como #resources, onde poderedes atopar publicacións, documentos de traballo e recursos en formato pdf.

A editoral Traficantes de sueños ofrece de balde a versión en pdf dun dos grandes xeógrafos do século XX, Edward Soja. Trátase de “Postmetrópolis. Estudios críticos sobre las ciudades y las regiones”. En papel custa 35 euros, pero o pdf é ofrecido de balde pola editorial. Moi recomendable para todos os interesados en Xeografía Urbana, Urbanismo e cuestións de Socioloxía Urbana.