Mondoñedo. As San Lucas. Rúa Progreso. O tempo fai que a paisaxe urbana dende a altura semelle El Ejido, con tanto plástico. Mala sorte de tempo. Iso si, vai unha calor abafante. Lémbrame cando estivera en Hong Kong en 2005. Calor e choiva arreo. As San Lucas para min son a constatación de que todo […]

Foi unha tarde de outono calquera. Saín de dar clase no master de turismo e de súpeto atopeime trasladado a moita distancia física e temporal de onde estaba. Un cambio de cor, un matiz novo, unha sensación inesperada, como estas nubes ou a fugaz luz do coche poden teletrasportarnos. No fondo, todos somos de cando […]