A Facultade de Políticas da UCM

Esta é a biblioteca da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. No Campus de Somosaguas, os Santos Lugares de Podemos son espazos ácratas e empoderados de si mesmos. Gostei moito de visitar esta facultade, da que tanto escoitara falar. Segundo me contaron profesores de dita facultade, cos que estamos traballando nun proxecto, a facultade está comezando a ser un destino turístico en si mesmo. Black Tourism? Revolutionary Tourism? Red Tourism? Sexa como for, se vostedes van a Madrid, escapen dos circuitos trillados e dos free-tours convencionais, collan o autobús A a carón do Metro Moncloa e vaian coñecer de cerca o emblemático edificio. Paga a pena.

Mundos de antes

Aquí está. Un mundo que se vai. Un mundo que se foi. Gardado en estantes, etiquetado e reducido todo el a pezas de museo. A colección de libros de peto de Espasa Austral, se non lembro mal. Vostedes en que formato len: analóxico ou dixital? Eu leo sobre todo en analóxico, pero comprendo que ter un lector de libros electrónicos é moi práctico. Só que me gusta ter o libro nas mans, o tacto e o olor. Porén, semella que ter unha biblioteca grande non é doado nos mini-pisos. Hai que ser práctico, pero ler é unha actividade nas antípodas da présa e a eficiencia. Relativismo, unha vez máis.

O órgano de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela

Este é o órgano de San Paio de Antealtares. Hoxe visiteino grazas á iniciativa “De lugares e órganos”. Andrés Díaz Pazos foi un relator excelente, contando vida e milagres de organeiros e organistas. Erea Blanco Balvís interpretou varias pequenas obras de música antiga nos diversos órganos de cuxa visita constou o percorrido. Como curiosidade, Andrés contou que o construtor deste órgano chegou a estar na cadea. O motivo foi que a abadesa do convento denunciouno por incumprimento do contrato. Polo que se ve, non quedara satisfeita co acabado final do órgano. Había toda unha estirpe de organeiros en Compostela, e movíanse moitos recursos económicos e humanos en torno a este instrumento, considerado por moitos como o rei de todos eles. O órgano foi restaurado en 1974 por un técnico-luthier alemán.

El interior de un órgano

Así es un órgano por dentro. Este, en concreto, es el de la Iglesia de la Universidad de Santiago de Compostela. Se pueden ver los tubos y abajo, el teclado. Todo un prodigio de habilidad constructiva, que implicaba a más de 30 obreros especializados durante más de un año. Al frente de todo, un maestro organero. Antiguamente el fuelle había que accionarlo manualmente; uno o dos fornidos “fuelleros” trabajaban en ello. Hoy en día el sistema está completamente automatizado y electrificado. Pero la música que sale por los tubos sigue siendo aire que vibra.

Seminario sobre Turismo na UCM

Regreso de Madrid, no tren. Veño dun seminario sobre turismo na Facultade de Ciencias Políticas, coordinado pola profesora María Velasco.

Foi un encontro moi produtivo por poder coñecer a investigadores en turismo e ver que se está cocendo sobre turismofobia, mobilidade e destinos turísticos intelixentes. Pero quizá o grande tema que dominou todo o debate foi o fenómeno das vivendas turísticas. Airbnbización, din algúns. Está a mudar o centro das nosas cidades, transformando as paisaxes urbanas e mudando as estruturas económicas locais. Asistimos á xubilación de moitos propietarios de establecementos antigos e á proliferación de cupcakes e vivendas turísticas. Toda unha mudanza, pero como sinala Raquel Huete, socióloga e Directora Xeral de Turismo da Comunitat Valenciana, o que se necesita é regularizar e legalizar toda esa oferta.
Oferta ilegal sempre houbo. Raquel Huete di que os porteiros de inmobles turísticos alugaron historicamente pisos para os “veraneantes”. Agora, coas novas tecnoloxías, é máis fácil e máis masivo, pero é igual de ilegal que antes. Eu tamén lembro hai 30 anos cando na estación de tren da Coruña había señoras que agardaban o tren que viña de Madrid para ofrecer pisos particulares como aloxamentos turísticos. E daquela non había Internet.
Os hoteleiros, no medio de todo este panorama, semellan ser Madres Teresas de Calcuta, pero non sempre é así. Hai camareiras de habitación que cobran pouquísimo. Hai subcontratas (máis das que pensamos). Quere dicir isto que hai que tratar de regularizar o aloxamento en vivendas e chamarlle dunha vez aloxamento turístico.
O da turismofobia, segundo Alejandro Mantecón, non é moi útil para a conceptualización e o estudo do turismo. O debate está polarizado, segundo el, e interesa ás dúas partes. Ser equidistante está cada vez pior visto.

Paisaxe ferida

Hoxe estiven dando un paseo polas Illas (ou Insuas) de Gres, no río Ulla. Fixo un día fermoso de primavera, aínda que estamos en inverno. Xa coñecía o lugar, pero regresei para amosarllo a uns amigos que non o coñecían. Resultou que tampouco a miña familia estivera nunca alí. Todos desfrutaron o lugar e louvaron as excelencias da contorna. Semellaba un lugar paradisíaco, coas raiolas de sol filtrándose polo medio das pólas das árbores e o rumor da auga de fondo… ata que apareceu isto.

Si. Un arcón conxelador. Ao principio non dabamos crédito. Pouco a pouco fomos decatándonos de que todo era demasiado bonito para ser certo. Supoñemos que quedou alí despois dalgunha festa, verbena ou similar. O cacharro estaba oxidado e medio podre por detrás. Dentro había vasos de plástico e unha miscelánea de cachivaches. E así foi como o arcón conxelador abriu os nosos ollos e fixo que espertásemos do noso soño.

Menuhin

Aquí temos a Yehudi Menuhin, interptretando a sonata número 4 para violín e piano (?) de Bach, con Glenn Gould. Un documento que non debemos perder se nos gusta a música e devecemos por comprender esa época de “grandes lendas”.

Supoño que non debería ser fácil tocar con Glenn Gould, pero a conxunción que acadan estes dous astros é total. Por certo, nin Menuhin nin Gould tocan con partitura. Tocan os dous de memoria