Escribo desde Kensington

Onte cheguei a Londres. Xa había uns cantos anos que non andaba por aquí, e sempre é agradable voltar. Cheguei a Stansted cun certo medo a ter que agardar unha hora na aduana, pero non foi así. O control foi rápido. Para desprazarme a Londres optei polo Stansted Express, que é un pouco máis caro que o autobús, pero leva a Liverpool Street en só 45 minutos. O tempo era malo, moi nublado e con chuvia. Cheguei a Liverpool Street e merquei unha tarxeta Oyster, precargada con 30 libras. Londres é enorme, pero a City non o é tanto, e collendo a liña amarerela cheguei, sen transbordo, ao hotel Gloucester Millenium, onde me aloxo.

Harrods foi a primeira parada. Chama a atención, sen dúbida, a grande cantidade de naturais do Oriente Próximo que mercan nestes grandes almacéns. Os de Harrods foron pioneiros no seu día no xeito de presentar as mercadorías, en varios pisos e concentradas. Inspirou, a bo seguro, a moitos outros negocios semellantes tanto no Reino Unido como fóra del. Porén, a miña impresión é que o modelo hoxe está superado. Harrods é un lugar para gastar petrodólares. No segundo andar hai unha casa de cambio que anuncia con letras enormes a ratio de conversión para a moeda qatarí. É evidente de onde veñen os clientes. En realidade Harrods é unha especie de grande “showroom” onde se vende de todo. Máis que venderse, exhíbese. Non debe haber grandes stocks. A xente vai, pasea e compra algo. Souvernirs desde logo, hai. Podemos mercar a célebre bolsa de Harrods en variedade de cores. O que é curioso é que a oferta é moi variada, e está entremezclada: ao lado da libraría hai un Prosseco bar, e a carón da sección de maletas atopamos calquera outra cousa que non ten nada que ver. Creo que está un pouco pasado de moda.
A continuación, liña Picadilly de metro cara o propio Picadilly.

Ateigado de xente, como sempre. Kingdom of Sweets, unha tolemia de chucherías. Angus Steak House. E logo fun ao M&M´s Shop. Son catro andares de parque temático dos chocolates famosos. Alí pódese atopar todo tipo de merchandising freak, desde sudadeiras ata albornoces ou batas. Cheira a chocolate en todo o recinto, e hai masas de xente everywhere. Cansino, e sobre todo incrible. Soprende ver como o sistema consegue que sexan os propios clientes os prescriptores e os axentes publicitarios dunha marca que non ten demasiado encanto, a priori. Mesmo as mascotas, os bonecos que utilizan na publicidade son bastante sosos. Pero a xente apúntase a comprar todo tipo de mercadorías, que logo paseará polas casas e rúas de todo o mundo, pagando ademais por estes artículos. Debe ser a fase superior do capitalismo, na que as campañas de publicidade corren a cargo do propio consumidor, que non se decata do seu papel activo-pasivo na fase de marketing.

Xusto fronte ao emporio dos chocolates atópase a tenda de Lego. Neste caso, a tenda é só de dous andares, pero replica totalmente o modelo da anterior. Hai un surtido enorme de xoguetes e tamén espazos de demostración e xogo. En realidade, un decátase de que en Londres moitas das atraccións máis interesantes son espazos comerciais, lugares privados, comercios que ocupan espazos moi centrais na cidade, e que tentan estar presentes na experiencia turística e ofrecer unha experiencia persoal e digna de lembrarse. Se tes un produto, tes que ter un espazo “showroom” no centro da cidade máis importante de Europa. O de menos é canto factures alí ou o stock, que probablemnte non será moito. O importante é lograr o efecto “Zara” de visibilizarse nos espazos máis caros e máis centrais. O mesmo acontece coas Apple Stores. En Londres hoxe xa vin dúas: en Regent Street e en Coven Garden. Que é o que hai nestas tentas? Uns cantos smartphones o ordenadores… e moito persoal, que interactúa co cliente. A experiencia e o estilo é o importante. Ocupar os lugares simbólicos e lograr experiencias persoais co cliente. O mesmo pasa na xoguetería Hamsley, moi preto de Oxford Circus. É unha megastore de 7 andares, chea de expositores, pero iso non é o máis relevante. O mellor de todo é que hai moitos vendedores que interpelan constantemente ao cliente e pelexan por captar a súa atención, con demostracións en vivo dos produtos que venden. É como unha feira das antigas: speakers berrando as bondades dos produtos, dos xoguetes, animando aos clientes a probalos, e sobre todo adicando todo o seu tempo ao visitante, co máximo interese. Son auténticos mestres do marketing. Un sae de Hamsley coa idea de que visitou un museo do xoguete, cando en realidade estivo nunha tenda. Polo camiño, seguro que comprou algo, porque é imposible resistirse á tentación dunha pizarra máxica, dun peluche feito a man diante dun, etc. Así se reinventa o negocio tradicional, orientado totalmente ao turismo.

Estiven tamén en Covent Garden. Ateigado de xente, sempre. Un non pode evitar lembrar outros casos de mercados “pijos” que xa coñece de vello. É unha tendencia universal: converter antigos mercados de abastos en lugares hipsters. Vin isto moi claramente no Mercado da Ribeira de Lisboa ou en tantos outros, como en Tomiño. Tamén en Compostela vaise por ese camiño. En Covent Garden hai música ao vivo e moita animación, a pesar do frío.
Regreso ao hotel no metro. O vello metro, con túneles de gálibo baixo, con elevadores con capacidade para corenta persoas e case 200 chanzos como na estación de Covent Garden. Como os túneles son tan pequenos, os coches de metro tamén son pequenos, e hai persoas moi altas que teñen que agacharse porque se non non entran. Os trens do metro teñen unha frecuencia altísima, e van cheos nas horas punta, sobre todo ás cinco da tarde. A grande cidade non para. Ben se diferencia o londinense do turista. En calquera caso, recóllome pronto e ceo algo nun pub a carón do hotel. Hai que aforrar enerxías para os próximos días.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s