Menú do día 19 de marzo

Órgano romántico. Comentoume Andrés Díaz Pazos o pasado sábado que o órgano romántico é un invento dos franceses. Duruflé, Dupré, Gigout, etc son ilustres organistas e compositores que derivan das escolas fundadas por Franck (aínda que era belga) e Saint-Saens. O que non acabo de entender entón é Mendelssohn, que é o grande precursor do renacemento romántico (sic) do órgano, porque Mendelssohn era alemán.Londres. A semana que vén marchamos a Londres. Non é que teña moitas gañas de ir, realmente. Os meus amigos rinse de min porque lles digo que preferiría ir a Zamora ou Salamanca. Pero é que é verdade. Preferiría estar tranquilamente “en la penillanura adehesada” antes que andar bregando pola capital do mundo. Non fun eu quen elixiu esta viaxe, válgame Deus. Semana Santa en Londres debe ser algo tremendo, todo cheo de españois e demais sureños. Oxford Street seguro que está infumable. O do “cambio de garda”, nin se me vai ocorrer ir. Entrar na Tate, nin soñalo. Eu propoñía aproveitar o vóo a Stantsted para visitar Cambridge e Oxford, pero non hai máis remedio que caer a Londres, o centro do imperio victoriano. Que Deus nos ampare. Non sei como vai o do London Eye. Alguén sabe? Hai que reservar por Internet? Que preguiza, chico.

Rusia. Seguimos en estado de shock pola victoria de Vladímir Putin nas eleccións presidenciais de onte en Rusia. Ninguén o agardaba, a verdade. Deus. Que autocracia! Aquí temos de novo ao máis poderoso tsar da historia. Case me atrevo a dicir que é a persoa que ten máis poder do mundo agora mesmo. Os rusos queren un poder forte, centralizado e único. Un autócrata, para entendernos. Non digamos un ditador, pero digamos un autócrata, que queda máis fino.
Cooperación. Agora a clave é cooperar. Competir está mal visto. Cooperemos, aínda que teñamos visións da vida diametralmente opostas. Cooperamos para captar fondos. Cooperamos para ter máis likes nas redes sociais. Cooperemos porque mola.
Montaigne. A súa é unha escritura fragmentada, deliberadamente desestruturada. Eu ás veces reivindico esa falta de armazón, ese fluir de ideas libremente. Seguro que non é moi prusiano nin moi kantiano, pero é un bo exercicio de autopurificación. O que fago é deixar saír os pensamentos tranquilamente. Velos por escrito reláxame moito. En realidade xa me relaxa o propio feito de escribilos. Escribir como terapia. Escribir como un xeito de escapar ás miserias da realidade.
Daniel Roth. É o organista titular da Igrexa do Saint-Sulpice de París. Moitos critícanno porque tararea as obras que interpretan os seus convidados no grande órgano do templo parisino mentres eles tocan. En realidade, hai que admitir que ninguén lle obriga a acoller a tantos e tantas organistas amateurs que desfrutan do Cavaillé-Coll que está ao seu cargo. Se o fai é porque el quere.
Primavera.Mañá, 20 de marzo, comeza oficialmente a primavera.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s