A un e outro lado da fronteira (invisible)

Esta é a vista de Madrid desde a Facultade de Políticas da Complutense. Dominan as catro torres de Chamartín, creando un “skyline” mesetario forzado. Por se non foi suficiente coas torres de KIO, o sistema reproduciu do novo, esta vez amplificado, o simbolismo fálico rampante. O capitalismo financeiro sempre busca dotarse de símbolos inequívocos. Precisa marcar o terreo deixar as cousas claras. Bromas, as xustas. As torres son a metáfora do alto que voa o poder. O lugar desde onde se tira a foto é o fortín desde o cal se cuestiona todo este tinglado. É un espazo relativista, de empoderamento estudiantil e de profesores con chaquetas de pana (aínda que quizá non tanto como pensamos). Antes que min, seguro que moita xente se ten asomado a esa xanela, pensando que hai unha fronteira invisible e porosa entre os dous mundos. As torres de Chamartín e a Facultade de Políticas son como as fortalezas de Tui e Valença do Minho, que se vixian mutuanente desde que o mundo é mundo.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s