Metro do Porto

É un motivo de orgullo e un sinal de identidade. Porto ten o seu sistema de transporte moderno e actual. A cidade colapsou hai bastantes anos, incapaz de absorber unha expansión metropolitana feroz. Os atascos fixéranse imposibles. Nalgún momento alguén tivo a grande visión e a valentía necesaria para apostar por un sistema de light-rail para un conxunto de aproximadamente dous millóns de persoas. A idea máis arriscada foi pechar a Ponte de D. Luis ao tráfico dos automóbiles, pero iso foi o santo e seña do cambio. Vila Nova de Gaia quedou enlazada ao Porto e converteuse nunha parte orgánica súa coa aterraxe de El Corte Inglés e o tranvía-metro. Vila Nova de Gaia é outro municipio, pero sempre foi Porto. O vinho do Porto é vinho de Gaia.
Logo veu o teleférico, algo moito máis discutible, certo. Pero esta actuación puntual non debe empañar o grande acerto do transporte metropolitano. Na posta en funcionamento do metro reconvertéronse moitas das antigas estacións de tren, como esta de Senhora da Hora que se pode ver na imaxe.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s