Bogotá e Medellín: dous exemplos de boas prácticas na procura da mobilidade urbana sustentable

Enrique Peñalosa fala aquí sobre a súa experiencia como alcalde de Bogotá. Peñalosa marcárase como obxectivo garantir a todos os cidadáns unha mobilidade universal, como un requerimento democrático. Naqueles anos impulsou unha ampla rede de carrís exclusivos para autobuses, inspirados na cidade brasileira de Curitiba, dentro dun sistema integral de mobilidade en transporte colectivo. A maiores, deu prioridade a peóns e ciclistas fronte ao automóbil privado.

En países en vías de desenvolvemento e onde hai unha parte importante da poboación vivindo en condicións de pobreza, actuar é difícil. A propiedade dos terreos onde se edificaron as casas é un asunto delicado, alegal en moitos casos. As fortes pendentes de moitos barrios de “favelas” ou similares tampouco contribúen a favorecer a posta en marcha de servizos de transporte colectivo. Porén tanto en Bogotá como en Medellín (no mandato de Sergio Fajardo) leváronse a cabo importantes e decididas accións para mellorar a mobilidade.


No caso de Medellín, a resposta veu grazas á posta en funcionamento de Metrocable, un innovador sistema de mobilidade a través dun teleférico que comunicou os barrios altos da cidade co resto da rede de transporte.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s