Notas rápidas (II)

​A evolución dos transportes e a mobilidade ao longo do tempo aconteceu en paralelo​ cos desexos de progreso da sociedade. Houbo case sempre unha identificación entre velocidade e poder. Ir máis rápido sempre foi propio de poderosos e de persoas de prestixio. A Revolución Industrial significou o comezo dunha carreira enfebrecida por moverse máis e máis rápido. A fabricación en serie do Ford T foi todo un fito que popularizou entre as clases medias estadounidenses a automobilidade e precipitou o urban sprawl.

h (301)

Vista de Toronto desde a Torre CN. Foto: Miguel Pazos

A revalorización da mobilidade peonil é algo recente, pero quizais non tan recente como pensamos. Como di John Urry, xa no século XIX hai moitos burgueses e aristócratas que fan camiñadas polo campo tentando desconectar do frenético ritmo de vida urbano. En pleno movemento romántico, non hai nada máis ilustrativo desta nova tendencia que o cadro de Caspar David Friederich “Camiñante sobre un mar de nubes“, que se converteu nun icono do poder subversivo do camiñar.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s