O camiño de ferro do Eo

Este túnel está moi preto de Vegadeo. Pero non é un túnel asturiano, senon galego. Corresponde ao camiño de ferro da Pontenova a Ribadeo, que funcionou moitas décadas atrás. Por aquí pasaba o ferrocarril mineiro que levaba o ferro de Vilaodrid ao cargadeiro de Ribadeo. Hoxe só temos restos illados daquel ferrocarril: túneles, a antiga estación da Pontenova e o cargadeiro de Ribadeo (que é unha área de lecer na actualidade). Alguén debería reparar na posibilidade de recuperar, alomenos, a historia deste ferrocarril. Aquí hai moitas historias que contar, e todas baixan polo Eo cara o Cantábrico. O turismo de calidade nútrese de boas historias do territorio, de identidades creadas ao longo do tempo e de fíos conductores que dean sentido ao que visitamos e organicen o discurso que se nos presenta. Desaproveitar estas inmensas posibilidades é, como mínimo, unha mágoa. A Vía Verde do Eo podería ser un fermoso proxecto.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s