Illa Pancha ou a privatización do litoral

10 de abril de 2017. Faro de Illa Pancha (Ribadeo) o pasado sábado. A partir de antonte é un aloxamento turístico. Só poden acceder polo de agora as persoas que se aloxen aquí. É de facto unha privatización da costa. O Porto de Ferrol xestiona este espazo, e outorgou a concesión a unha empresa que o explotará a cambio de 18.000 € ao ano (información non oficial). Independentemente de que todas as iniciativas de desenvolvemento turístico de calidade deban ser saudadas, non parece boa idea pechar esta perla paisaxística á cidadanía. Prima o valor ambiental, paisaxístico e ecolóxico sobre todo o demais. En calquera caso, eu particularmente non me sentiría cómodo en Illa Pancha vendo como centos de persoas, ao outro lado do valado, sacan fotos do meu coche, estacionado con todo o dereito e a forza que dá a lei, neste recuncho singular.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s