Balkanika (1)

Aínda teño a síndrome post-Balcáns. Non hai espazo no continente que esperte máis emoción. Skopje semelloume unha cidade de provincias grande, pero pequena para ser a capital dun estado. Alí impartín unha conferencia no colexio oficial de arquitectos e enxeñeiros sobre o tren de alta velocidade e a experiencia española. É importante que non se repitan os mesmos erros noutros territorios. Falamos de Padrón-Barbanza, das gares verts en xeral, e do predominio dunha rede baseada nos pasaxeiros. Penso que lles resultou interesante. Proxectei diapositivas moi xerais e tamén varios croquis realizados por Mateo, moi ilustrativos.
A cidade podía verse nunha mañán ou nunha tarde. O interesante foi apreciar esa grande intervención urbana realizada no centro. Tratábase de crear unha capital e dotala de simboloxía ad hoc. Para iso non se escatimou en investimentos, e encheuse o centro de Skopje de esculturas de grande tamaño, con resonancias míticas. Preside o conxunto unha xigante escultura ecuestre de Alexandre Magno, o macedonio máis ilustre, xunto coa Madre Teresa de Calcuta.

IMG_20170310_164225

Ámbolos dous son os signos máis visibles do novo país, que naceu en 1991. Como non debe haber moito turismo, tampouco hai unha oficina de información turística en Skopje. Se a hai, non a atopamos. Buscamos pateando a cidade e preguntando, pero non apareceu. Tampouco en Internet vimos que existise dita oficina. Ao contrario de Croacia, en Macedonia aínda queda un longo camiño que percorrer no eido do turismo. De feito os estudos turísticos na universidade son moi cativos.

IMG_umam38

Do máis salientable de Skopje é o chamado barrio turco, que en realidade é un sector onde viven albaneses. Nada máis cruzar o río, entramos noutro sector da cidade onde destacan as rúas estreitas, as tendas tipo bazar e onde se debuxan os minaretes das mezquitas na paisaxe urbana. A pesar do frío, había moita xente pola rúa, e moito colorido. O sábado pola mañán, moita animación no mercado da rúa. Semellaba a feira de Paiosaco hai anos. Vendían produtos frescos, roupa, quincallería e moito máis. Salientaban os cafés tradicionais e os restaurantes con kebap. Por certo, o kebap tradicional non ten nada que ver co que coñecemos aquí. O auténtico kebap é unha especie de salchicha, que se ofrece acompañada de guindilla e cebola. Unha auténtica proba para o estómago, que me pasou factura nos días seguintes.

 

IMG_20170312_003959_483

En Skopje hai poucos símbolos relixiosos. A Antiga República Xugoslava de Macedonia foi un territorio laicizado nos anos de Tito. Porén, no alto da montaña que preside a urbe hai unha enorme cruz de ferro, que foi fabricada seica por unha empresa alemana. Ao parecer, a minoría albanesa, de confesión islámica, non acaba de encaixar perfectamente no panorama post-muro de Berlín e post-desintegración de Xugoslavia. Os días que estiven en Skopje había manifestacións diarias contra o goberno en funcións, que ao parecer está retrasando a formación dun novo goberno.

IMG_20170310_181211

Esta nova coalición estaría formada pola oposición e un partido pro-albanés que ten a chave do goberno. Sexa como for, o macedonio (variedade so serbocroata) e o albanés son linguas cooficiais da chamada FYROM (Former Yugoslavian Republic of Macedonia).

 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s