Venres 2 de decembro

Venres á noite. Rematei as clases da semana. Temos novo decano, recén elixido en Xeografía e Historia: Paco Durán. Unha persoa dialogante e de consenso. Mañá sábado terei unha reunión de traballo. Xa non chegan as semanas laborables. Estamos en decembro e en nada xa será Noiteboa. Lembranzas de meu pai no segundo aniversario da súa morte. Que pronto se nos foi. Non serve de nada lamentarse. Hai que seguir pelexando e vivindo, como el facía. Para min foi un mestre porque el era mestre e ante todo amaba a docencia. Dábase aos demais nas aulas. Aprendín moito con el. Agora camiño orfo pola vida aos meus 42 anos, pero fago o que facía el: dar clase, traballar coa xente nova e tentar ilusionar. O importante é ilusionar. A Universidade é un espazo fantástico para facer cousas, axitar ideas e mobilizar. Niso estamos. Últimas lecturas: Cortázar, Houellebecq, Frédéric Martel, Andrew Keen, Lorca. Nunca se debe deixar de ler. Le Clézio, Alice Munro, Vargas Llosa serán as próximas lecturas. Tendo a simultanealas. Non me custa facelo. Creo que ata é bo como exercicio para “saír da zona de confort”. Trump segue alí, na súa torre, pero xa non se fala del. Semella que o planeta comeza a asumilo. Uf. Agardo que manteña un perfil baixo e que se adique ás súas cousas. Dá medo. Despois do Brexit, Europa está máis perdida que nunca. E co Trumpismo, pior aínda. Ninguén pensaba neste escenario Brexit + Trump, pero é o que temos. O mundo está patas arriba. O que caracteriza a Trump, máis que outra característica, é a súa imprevisibilidade. Cando se xunte con Putin para tomar os viños no Franco pode ser moito. Non me quero imaxinar a eses dous unha noite de troula. Os chineses son outra cousa. China é unha ditadura, claro. Pero os chineses non son histriónicos nin horteras. Putin e Trump si que o son, cada un ao seu xeito. Estes dous son autócratas, oligarcas, plutócratas, populistas, ou o que queirades. É difícil catalogalos. Escoito a galegos ao meu carón dicir que viven en Portugal pero non comprenden a lingua de Camões. Sempre igual. Seguimos de costas viradas. A semana pasada quedei moi sorprendido da positiva actitude e aptitude dos membros do IEEE, e da súa posición ante temas xeoestratéxicos. Estou a falar das xornadas organizadas polo CEER en Pontevedra. Coñecín a Heriberto Cairo (director da tese de Errejón e Iglesias), Federico Aznar, Celso Cancela e máis persoeiros interesados polos estudos xeoestratéxicos. A xente ao meu carón fala da lotaría do Nadal. Este tema resúltame triste e cansino. Odio a lotaría do Nadal. É unha tradición que detesto. Non me interesa nada. É casposa e rancia, igual que as mensaxes navideñas e as uvas de fin de ano. Odio estas festas que se achegan, e non só porque meu pai falecese o 24 de decembro. Ogallá non existisen no calendario. Datas de hipocrisía, compromisos absurdos, consumismo desenfrenado e moita tontería. Este ano aínda ten algo de sentido, porque a miña filla aínda cre nos Reis Magos, pero quizá o próximo ano xa careza del por completo.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s