Comezaron as clases

Xa comezaron as clases neste curso 2016-17. O tempo é de outono e pouco a pouco imos collendo o ritmo. Este cuadrimestre imparto varias asignaturas, case todas elas relacionadas con transporte, mobilidade e turismo, pero non só iso.

Tamén teño a sorte de poder impartir unha materia de novas tecnoloxías e desenvolvemento territorial no Master de Xestión e Planificación Territorial. Ao igual que o ano pasado, fágome cargo tamén Xeografía de Europa, unha temática con grandes potencialidades docentes, que permite relacionar a Xeografía con moitas disciplinas transversais. Falar de Europa agora mesmo é falar dunha idea en crise. Aínda que a asignatura non se ocupa da Unión Europea, senon do continente europeo, a crise é evidente. A Europa-fortaleza fronte á Europa solidaria. Os límites de Europa. Haberá que preguntarse unha vez máis cal é a fundamentación identitaria de Europa e en que basea a súa singularidade. As respostas ben pode ser que non sexan tan obvias como semellan nun primeiro momento.

Esta imaxe do corazón do Renacemento, Florencia, debe servirnos de inspiración para afrontar o curso que empeza.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s