Consellos para construir unha pirámide de area na praia

Construir unha pirámide non é doado. Nen sequera con area. Ao principio é cuestión de forza e de enerxía. Hai que carrexar moita area para facer unha base sólida. Súase, e un déixase o lombo. É importante que a area estea húmida. Non serve area seca, pero tampouco pode empregarse area enchoupada. A medida que se vai amontoando area, hai que escavar un foxo de xeito perimetral, e delimitar o triángulo, para que en troques dunha pirámide non fagamos un estratovolcán. A tal efecto poden empregarse unhas chanclas ou pelotas de tenis-praia como vértices. O agrimensor debe acumular area e calcular a pendente de xeito que non se nos veña abaixo o chirimbolo ás primeiras de cambio. Debe ignorar tamén aos curiosos que pasean pola praia e só saben mirar. Ninguén bota unha man, por suposto. Non estaría mal que algún brindase a súa axuda. Pero nada. Niguén vai facer nada. Só se vai ter miróns. Na fase final débese axudar un da pá para facer unhas arestas primorosas. As caras deben quedar lisas. Agora claramente a empresa é unha cuestión de maña e destreza. A forza xa non é necesaria. Ao longo de todo o proceso construtivo hai que manter un equilibrio e dimensionar ben a acumulación da area. Queremos un tetraedro regular, non un churro. Cando se chega á cima, o problema que lle aparece ao arquitecto-construtor é que non lle dá chegado ao bico de todo. Isto é peliagudo, porque se a pirámide non está ben coroada, non fixemos nada. Acábese a pirámide como se poida, e fotográfese axiña. Antes de que un se dea conta aparecerá un neno co firme propósito de destrozala e brincar enriba dela.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s