Segundo día de agosto

​Segundo día de agosto. En teoría, segundo día de vacacións. Na práctica, seguimos no ordenador por motivos varios. Agora os gurús din que é posible desconectar no verán, que “solo hay que proponérselo”. Mentira. Teño que deixar o antes posible feitos uns trámites burocráticos, e non se deron rematado o 31 de xullo. Como afectan a outras persoas, hai que facelos si ou si. E nesas estamos. Polo demais, consigo sacar algún tempo para escoitar música. Aria variata alla maniera italiana, de J.S. Bach, e tamén a Fantasía Cromática e Fuga. Esta música é cósmica, por dicir algo. Non se lle pode aplicar ningún calificativo de uso frecuente. Tamén escoitei a Ligeti e algo das Ondas Martenot na Turangalila de Messiaen. Resulta curioso que agora gústame máis Bach ao piano que ao cravo. Pero moito mais. O cravo non permite matices, e o piano si. Hai moita diferencia. O raro é que eu tardase tanto en decatarme. Acontece con frecuencia que os obcecamos con algo, como me aconteceu a min coa pureza dos instrumentos orixinais no caso do cravo. A mística do son puro pesaba máis que outra cousa. O bo que ten a arte é que nos permite falar e dabater toda a vida sobre obxectos e creacións inmortais. Quen me di que cando eu teña moitos anos máis non regreso de novo ao cravo? Quen sabe? 

Confusión electoral. Semella que planea a sombra das terceiras eleccións. Estamos todos moi cansos e fartos, menos os políticos. Se hai terceiras eleccións haberá un baixón brutal na participación. E se hai unhas terceiras eleccións… a pregunta que eu me fago é… quen nos di que non pode haber unhas cuartas e unhas quintas eleccións? Onde está o límite? Por que se traslada a responsabilidade de formar goberno aos cidadáns, que votan cando teñen que votar? De verdade que non hai outro xeito de resolver isto que votando en bucle? Claro, tantos anos de ditadura, sen poder votar, fixeron que agora nos queiramos sacar a espiña, hai quen di en clave humorística. Non falta razón a quen así razona. Non ten sentido voltar votar, porque iso equivale a dicirlle á xente que está equivocada, que vota mal e que ten que aprender a votar mellor. Habería que contemplar outras fórmulas, como un goberno de concentración entre os partidos máis votados, con reparto de ministerios de xeito proporcional ao número de deputados. Por exemplo.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s