Último sábado de xullo

​​30 de xullo, sábado. A Carixa (Merza, Vila de Cruces). Comemos un churrasco espectacular que preparou o noso amigo Jorge. A nena estase bañando na piscina coas amigas. Xogadores de cartas na sombra. A min non me gustan os naipes, a “baraxa”. Nunca me gustou. Vai calor. Unha calor estival abafante que só se quita de enriba na auga. De todos os xeitos, nada que ver con Granada. Ás portas de agosto, varios libros reclaman a miña atención. Leo a Guerra Civil de Preston. Tamén leo “La España vacía”, un libro de Sergio del Molino que promete moitísimo. Este libro percorre unha realidade obvia: España é Madrid e o litoral. O resto é un deserto demográfico, económico e social, sen parangón en Europa. Di o autor que o interior de España agás Madrid só se pode equiparar ao norte de Finlandia en canto ao baleiro que supón tomando calquera variable que queiramos analizar. E ten razón. Fala desa España eterna, rural, sen solución. Di que as dúas Españas que realmente existen son a España urbana e a España rural. O libro promete. Tamén ando a picotear a biografía de Lorca por Ian Gibson e o Romancero Gitano do propio Federico García Lorca. Os catro libros teñen unha conexión entre si, sen dúbida.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s