Martes

​Ciudadanos xa apoiou ao PP na presidencia do Congreso. Era visto. Era cuestión de tempo. A formación de goberno vai ir polo mesmo camiño. Tempo ao tempo. Unhas terceira eleccións serían un desastre. A xente está cansa e habería unha abstención desmesurada. Isto sabe aproveitalo Rivera, por suposto. Non ten maior problema en facer seu “donde dije digo, digo Diego”, apelando á responsabilidade e ao sentido de Estado. É un estadista cando lle convén. Hoxe remitiu a canícula de onte. Menos mal. Seguimos a sobresalto diario, en alerta porque o móbil pode vomitar en calquera momento unha nova mala nova. Quedan só uns días para agosto e hai que plantexarse moi en serio a necesidade de desconectar neste mes. Trump entronizado. A súa muller é eslovaca, ao parecer. Boris Johnson, ministro con Theresa May (que é xeógrafa, por certo). E seguen pasando cousas case sempre malas. Nos últimos días escoitei Mahler por Simon Rattle. Cada certo tempo regreso a Mahler. A pena da grande música sinfónica é que hai que ter un bo equipo de música e un bo espazo para desfrutala. 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s