Falando de Verne e Xeografía en Educación Primaria

A semana pasada tiven a sorte de poder ir ao colexio da miña filla a falar aos nenos e nenas de Xeografía. Dei unhas pequenas charlas en cuarto, quinto e sexto de Primaria. Como fío conductor empreguei as Viaxes Extraordinarias de Jules Verne, e fun falándolles dos diferentes libros do autor francés, insistindo no contexto da época e na paixón polas viaxes e os descubrimentos.

image

Quedei moi gratamente sorprendido polo interese con que escoitaron e, sobre todo, pola participación. Nos tres cursos fixeron moitas preguntas, e comprobei que coñecían os principais personaxes vernianos, así como as tramas das novelas máis destacadas. Creo que é moi interesante dar clase en diferentes cursos e niveis educativos. O docente debe estar moi atento a que o seu discurso sexa comprendido, e para iso ha de dialogar constantemente cos nenos. Nada de clase maxistrais. Ten que ser un diálogo. Os nenos e nenas de Primaria amosáronme que a curiosidade segue a ser un dos grandes motores que move o mundo. Agora só falta que se apliquen á lectura e descubran pouco a pouco o universo verniano.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s