De Boqueixón a a Königsberg, pasando por Višegrad

O outro día pasei por Gres (Vila de Cruces) e Ponte Ledesma (Boqueixón). A fermosa ponte do século XVI fíxome lembrar a ponte sobre o Drina, protagonista da novela homónima do Premio Nobel Ivo Andrić que lin recentemente, e que recomendo vivamente para entender xeopoliticamente o espazo balcánico.

a

h

Xa sei que son cousas difíciles de comparar, pero a arte constructiva non era tan diferente, e a resolución do problema foi moi semellante en dous puntos de Europa tan alonxados entre si.

b

En Gres chaman a nosa atención as insuas ou illas que se formaron no curso do Río Ulla. As illas están comunicadas entre si por unha serie de pontes.

k

Se accedemos á “Área Recreativa de Gres”, o primeiro que vemos é un cartel moi gráfico e visual, que me fixo lembrar o famoso problema topolóxico das Pontes de Königsberg, plantexado por Euler. Este é un fermoso problema de matemática recreativa dos que tanto lle gustaban a meu pai.

r

A continuación reproduzo unha imaxe sobre o célebre problema topolóxico de Euler. Temos un Königsberg en Vila de Cruces!

puentesDeKonigsberg-.png

Fonte: http://www.instintologico.com

7bridgeskonigsberg

Fonte: lennihollywood.wordpress.com

Penso que as Insuas de Gres poderían ser un lugar moi interesante para desenvolver unha actividade docente onde se mesturasen Xeografía e Matemáticas. ¿A que si?

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s