Vivamos como finlandeses: Galicia e o seu “crazy” fuso horario

Como todos os anos por esta época, os días son interminables. Ás dez da noite é de día (menuda contradicción). Galicia debería ter a hora de Greenwich. Non por diferenciarse de ningún outro territorio nin farrapo de gaita. Só para que os galegos e galegas puidésemos levar unha vida máis normal nesta altura do ano.

Como se lle pode dicir a un neno que marche para a cama ás 21:30 cando é totalmente de día? Como se pode pretender racionalizar os horarios se o noso corpo está directamente influido pola luz solar? Todo isto é comprensible en Noruega ou en Finlandia, pero non nas nosas latitudes.

Non é unha frivolidade nin unha cuestión menor. É algo que afecta á calidade de vida e á saúde das persoas. Moito me temo que seguirán pasando os anos e continuaremos clamando no deserto. Non é posible que en Viena sexa a mesma hora que en Vigo. Logo din de nós que somos festexeiros e que nos gusta durmir a siesta… No fondo, creo que son estratexias para lidiar con este fuso horario absurdo no que nos teñen encadrados. Os comercios pechan de 14:00 a 17:00 porque despois aínda queda moita tarde por diante. É un tema recorrente e sei que este mini-post non vai servir para nada. Pero polo menos, que conste a miña opinión.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s